Catro marcos de fotos na parede

Benvidos á nosa Casa

Casa + Familia  = Felicidade

A Casa da Maestra é unha casa de pedra do país construída polos nosos pais coas súas propias mans hai case 100 anos, e que foi pouco a pouco adecuada e actualizada para ir acollendo a familia.

É, polo tanto, unha casa eminentemente familiar que, cando o niño se foi baleirando, se reconverteu en casa turístico vacacional para que outra xente goce do que con agarimo e esforzo se construíu ao longo destes anos.

Está na comarca do Barbanza, a tres quilómetros da praia e de Rianxo, un pequeno porto pesqueiro da Ría de Arousa con tendas, farmacia, bancos e praza de peixe. Alúgase completa, para entre 4 e 12 persoas, con 5 dormitorios e 8 camas: ideal para familias con nenos ou grupos de amigos que busquen uns días de descanso e tranquilidade.

Estamos a mellorar a nosa web. Para reservas, prezos ou calquera consulta, chámanos ao +34 661 332 912 ou escríbenos desde o noso formulario de contacto.

A nosa Casa

Descubre os recunchos que che ofrecemos

Servizos e equipamento

Aloxamento enteiro · de 4 a 12 persoas · 5 dormitorios · 8 camas · Admítense mascotas

Exterior
  • Xardín e terraza
  • Barbacoa
  • Zona de aparcadoiro
  • Bicicletas dispoñibles
  • Bambáns
Interior
  • Dúas cociñas equipadas
  • Lavadora e lavalouza
  • Calefacción
  • Salón con TV e biblioteca
  • Comedor e saliña acristalada
Lecer
  • Billar e futbolín
  • Colección de xogos
  • Bañeira de hidromasaxe
  • Televisión en habitación
  • Acceso a internet
Para todos
  • Baño adaptado
  • Berce dispoñible
  • Admítense mascotas
  • Acceso asfaltado
  • A 3 km da praia